Qué es?
O Punto de Información de Educación é un servizo de atención dirixido a todos os públicos interesados en coñecer a oferta educativa do Museo e, especialmente, aos grupos de nenos e adultos que se achegan a este por primeira vez, ou que pola contra xa o coñecen e pretenden descubrilo dende novas perspectivas.
ónde?
Este Punto sitúase na Planta 1 do Edificio Sabatini e está aberto ao público todos os domingos en horario de 10:00 a 14:00 h.
Cómo?
Os informadores encargados de atender este servizo ofrecen asesoramento específico para o público familiar a través de varias vías:
- Dialogan con cada grupo, co fin de coñecer a súa experiencia previa no Museo, os seus intereses e o tempo do que dispoñen para efectuar a visita.
- Propoñen unha ou varias posibilidades de percorrido para achegarse á Colección sobre a base das expectativas e necesidades do grupo.
- Distribúen material didáctico gratuíto que permite a nenos e adultos levar a cabo o seu percorrido de forma autónoma.
- Reciben os participantes, informan sobre as actividades programadas polo Museo para este sector de público e xestionan a avaliación das actividades.
Recursos educativos