
- Antes de realizar a visita, é recomendable consultar a sección de horarios e tarifas, dado que existen diversos tipos de entradas e horarios de apertura, segundo se trate da sede principal (Edificios Sabatini e Nouvel) ou ben das sedes do Parque do Retiro (Palacios de Velázquez e Cristal).
- As salas de exposición mantéñense a unha temperatura constante de 21 ºC. En días cálidos recoméndase facer a visita cunha peza de abrigo.
- É importante que os adultos procuren manter aos nenos ao seu lado, evitando así tocar as obras de arte das salas.
- Non está permitida a entrada con animais a ningunha das sedes do Museo. Só permítese a entrada de cans guía ou cans de asistencia, mostrando previamente a documentación que os identifica como tales.
- É posible mercar anticipadamente a entrada ao Museo mediante o sistema de compra e reserva de entradas online para unha visita individual, e reservar e comprar para un grupo.
- A sección cómo chegar é moi útil para ver as diferentes localizacións e accesos, así como os traxectos entre sedes.
- O Museo ofrece visitas individuais e visitas en grupo tanto á Colección, coma ás exposicións temporais.
Os visitantes individuais poden acollerse a visitas comentadas por mediadores. Non se require reserva previa. Os que o desexen, poden optar por realizar unha visita temática de xeito autónomo coa axuda dos folletos que o Museo edita con esta finalidade e que encontrará nas áreas de interpretación.
- Na web existe información detallada tanto da Colección como das exposicións actuais, futuras e pasadas. Así mesmo, todos os contidos se encontran relacionados entre si, con completas fichas das exposicións, así como información sobre artistas e relacións bibliográficas destes.
- A sección Multimedia contén vídeos, audios e cápsulas de radio relacionados coa programación do Museo: a Colección, exposicións temporais e actividades.
- Na sección Recursos educativos encóntranse guías de visita con nenos, guías para visita escolar, itinerarios para adultos e outras publicacións didácticas para enriquecer a visita ao Museo.
Planificar a visita