Tarifas especiaisTarxeta anual Museo Reina SofíaPrezo: 25 € Validez: un ano dende a data de expedición da tarxeta. Características: A tarxeta anual Museo Reina Sofía permite o acceso ás salas de Coleccións e exposicións do Museo durante todo un ano. Será persoal e intransferible, incorporando os seguintes datos:
Solicitude: expídea o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, a solicitude dos interesados. Á solicitude xuntarase unha fotocopia do DNI ou do documento acreditativo correspondente. Tarxeta anual Museos EstataisPrezo: 36,06 € Validez:un ano dende a data de expedición da tarxeta. Características: con esta tarxeta pódese visitar o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, o Museo Nacional do Prado e os Museos Estatais adscritos á Dirección Xeral de Belas Artes e Bens Culturais, tantas veces como se desexe ao longo do ano. Para coñecer os museos nos que se aplica a entrada gratuíta para titulares desta tarxeta, consulte o listado de museos adscritos á Tarxeta anual Museos Estatais.. Solicitude: : no mostrador de Información do Edificio Sabatini. Abono «Paseo da Arte»Prezo: 17,60 € Validez: data de finalización na tarxeta. Características: abono conxunto co que se pode visitar, unha vez, o Museo do Prado, o Museo Thyssen-Bornemisza e o Museo Reina Sofía. Solicitude: nos despachos de billetes dos tres museos. |