Tarifas

Tarifa reducida


imaxe de tren arte

Aplicarase unha redución do 50% sobre o prezo xeral de entrada (Entrada xeral e Entrada a exposicións) a:


Grupos de quince ou máis membros, previa solicitude de visita ante o responsable do museo, cunha antelación mínima de quince días.

Voluntarios culturais, mediante a presentación da acreditación correspondente.

Membros de Fundacións de Amigos doutros museos.



Promoción “Tren Arte”

Veña a Madrid en tren e entre ao Museo Reina Sofía cun 50% de desconto sobre a tarifa xeral da entrada. Só ten que presentar o seu billete do AVE-Longa distancia, a Tarxeta Renfe Visa ou a do Club AVE.

Non esqueza que o Museo Reina Sofía está situado fronte á estación de Atocha e que dispón de WiFi gratuíto na Plaza Nouvel, a Biblioteca e a Cafetería Nouvel.

Esta oferta é válida ata o 31 de decembro de 2010 e pode acollerse a ela só entre os sete días anteriores e os sete días posteriores á data da súa viaxe. A promoción non é acumulable a outros descontos. + info