Prepare a súa visita

Visita en grupo


Preparación de la visita

Para visitar o Museo Reina Sofía en grupos de 15 persoas ou máis é necesario efectuar previamente unha reserva con polo menos unha semana de antelación.


Para solicitar unha reserva de grupo débense enviar os datos do grupo, xunto co día e a hora da visita a reservagrupos@museoreinasofia.es.. O servizo de reservas de grupos confirmará a reserva enviando unha Carta de Reserva que deberá presentarse o día da visita.

Datos a enviar:

  • Nome do centro ou institución
  • Número de integrantes do grupo (indicando cantos maiores de 18)
  • Nome dos responsables do grupo
  • Curso (só para centros educativos)

En caso de non poder realizar a visita programada, rógase notificar ao servizo de reservas de grupos coa maior antelación posible a cancelación da mesma.



A reserva de grupo non inclúe servizo de visita guiada.


A entrada en grupo ao Palacio de Cristal e ao Palacio de Velázquez, así como ao Museo nos días e horas de acceso gratuíto non precisa realizar unha reserva.


Máis información:
reservagrupos@museoreinasofia.es


Tel. (+34) 91 774 1000 2250 de 10:00 h.



Accesos ao museo

Acceso por Edificio Sabatini (R/Santa Isabel 52)
Entrada para grupos de Infantil, Primaria e visitas guiadas


Acceso por Edificio Nouvel (R/Ronda de Atocha)
Entrada para resto de grupos


Nas salas de exposición os grupos numerosos han de dividirse en grupos dun máximo de 25 persoas, acompañados sempre por un responsable.




Documentación a presentar en despachos de billetes do museo

Carta de reserva que o museo facilita por correo electrónico como confirmación da reserva do grupo.


Carta acreditativa.A presentar por grupos ou colectivos que deban acreditar unha determinada condición (xubilados, discapacitados, menores de 18 anos, etc.) pola que dispoñan de tarifa gratuita.


A carta deberá ir asinada polo responsable do centro e constará nela:

  • CIF do centro ou institución
  • Número de integrantes do grupo
  • Nomee dos responsables do grupo
  • Curso (só para centros educativos)


Normas para a visita

Permítese realizar explicacións ao grupo durante a visita. Para maior comodidade o museo dispón dun servizo de radioguías e audioguías.


En beneficio dos demais visitantes do museo é importante que os responsables do grupo presten especial atención ao comportamento e ao volume de voz dos integrantes do mesmo, ademais de evitar que se dispersen ao longo do percorrido.


Non está permitido realizar fotografías con flash.


Debe seguirse en todo momento as indicacións do persoal de vixilancia e seguridade. En caso de incumprimento das normas pódese cancelar a visita.


Grazas pola súa colaboración