Servizos de accesibilidade
Entrada gratuíta As persoas con discapacidade e os pensionistas gozan de gratuidade no acceso ao Museo. No caso de que por incapacidade permanente sexa imprescindible a presenza dun acompañante, tamén se contemplará a exención de pago. Folleto de Programas Educativos: O Museo editou un folleto con información detallada sobre os programas educativos que se ofrecen en materia de accesibilidade. Descargar Folleto Folleto de Planos e Servizos Existe un folleto con información sobre os servizos dispoñibles, planos adaptados do Museo e referencias en macrocaracteres de todos os artistas presentes na Colección. Descargar Folleto Contacte connosco Para recibir información sobre os programas de accesibilidade, encha o formulario e remítao a: accesibilidad@museoreinasofia.es Encher e enviar formulario. Descargar FormularioSe desexa participar nalgunha actividade, informacións máis detalladas ou realizar comentarios e suxestións sobre accesibilidade, non dubide en contactar connosco. |