Accesibilidade física
Un acceso ao Museo libre de barreiras arquitectónicas e a posibilidade de circular polas diferentes salas sen incomodidades nin obstáculos son condicións indispensables para lograr a plena accesibilidade. A práctica totalidade dos espazos visitables están plenamente adaptados para cadeiras de rodas, e continúase traballando na súa mellora. Toda unha serie de servizos como planos de orientación, aseos adaptados, bancos ou gardarroupa fan máis agradable o seu percorrido polo Museo.
Acceso ao Museo
A entrada ao Museo polo Edificio Sabatini é accesible para cadeiras de rodas. Para acceder sen salvar chanzos, débese bordear a Praza de Sánchez Bustillo, deixando o edificio do Museo á esquerda.
O acceso polo Edificio Nouvel é completamente accesible. Recoméndase a entrada máis próxima á Praza do Emperador Carlos V por ter unha rampla de menor pendente.
Descargar plano adaptado de acceso ao Museo
Com arribar al Museu?
Aparcadoiro As persoas con discapacidade física que acudan ao Museo no seu propio vehículo e os grupos que acudan en vehículos adaptados poden aparcar gratuitamente no peirao de carga do Museo (acceso por rúa Argumosa, esquina con rúa Hospital). Comunique ao vixiante de seguridade que precisa aparcar no peirao. Cando abandone o Museo deberá presentar o seu ticket de entrada.
Cadeiras de rodas
Diríxase ao persoal do Museo se precisa unha. Hai cadeiras de rodas dispoñibles no Botiquín (1º andar, acceso por Sabatini), e no gardarroupa do Edificio Nouvel. Recorde que para tomar prestada unha cadeira de rodas deberá rexistrarse indicando o seu nome e número de DNI, pasaporte ou similar.
Despachos de billetes A altura do mostrador de Despachos de billetes do Edificio Nouvel é máis adecuada para usuarios de cadeiras de rodas que a do Edificio Sabatini.
Ascensores Existen 2 torres de ascensores no Edificio Sabatini, situadas a esquerda e dereita do acceso principal, que comunican as Plantas 1, 2, 3 e 4. Así mesmo, tamén existen ascensores no Edificio Nouvel, aínda que de capacidade máis limitada (permiten o acceso dunha única cadeira de rodas). Todos os ascensores están dotados de botonería Braille.
Ramplas Todos os desniveis existentes nas salas de exposición dispoñen de ramplas, agás a Sala de Protocolo do Edificio Sabatini.
Planos de circulación polo Museo Pode obter planos do Museo nos puntos de información de ambos accesos ao Museo. Ao longo da súa visita, tamén atopará planos de orientación nas zonas de tránsito do Museo, así como paneis informativos sobre as exposicións e as actividades en curso. Se precisa planos adaptados en macrocaracteres, pode solicitar o Folleto de Planos e Servizos nos mostradores de información ou descárgueos aquí:
Plano 0
Plano 1
Plano 2
Plano 3
Plano 4
Aseos adaptados 1º andar Sabatini (galería principal) 4º andar Sabatini (xunto a salas 407 e 403) E0. Entreplanta entre niveis 0 e 1, Edificio Nouvel Restaurante - Cafetería. Edificio Nouvel
Os aseos están dotados de cambiapañais
Bancos Hai numerosos bancos na zona do claustro do 1º e 2º andar do edificio Sabatini. Algunhas das salas de exposición dispoñen tamén de bancos para sentar.
Guardarroupa En ambos accesos existe servizo de gardarroupa. O do Edificio Sabatini é accesible mediante rampla, e tanto o mostrador como as consignas individuais están a unha altura adecuada para usuarios en cadeira de rodas. Para vultos de gran tamaño, utilice preferentemente o do Edificio Nouvel. Recorde que non é accesible para cadeiras de rodas.
Auditorios Auditorio 200:os usuarios de cadeiras de rodas sitúanse detrás da última fila de butacas, acceden desde o vestíbulo por medio dun ascensor de uso restrinxido. Ten 1 cabina de aseos adaptada. Un usuario de cadeira de rodas pode subir ao escenario por un itinerario alternativo accesible. Auditorio 400: : ten 2 áreas reservadas para usuarios de cadeira de rodas nas filas centrais do auditorio, accédese desde o vestíbulo sen desniveis. Ten 2 cabinas de aseos adaptadas, unha para señoras e a outra para cabaleiros. Un usuario de cadeira de rodas pode subir ao escenario por un itinerario alternativo accesible. Auditorio Sabatini:Accédese mediante ramplas de pendente adecuada. As persoas en cadeira de rodas sitúanse nos corredores laterais ou fronte á primeira fila de butacas. Un usuario de cadeira de rodas non pode subir ao escenario sen asistencia.
Cafetería-Restaurante A Cafetería e Restaurante situada no Edificio Nouvel ten un acceso accesible, entre mesas dispón de espazo de circulación adecuado para usuarios de cadeiras de rodas, e conta con 2 cabinas de aseos adaptadas integradas nos aseos de señoras e cabaleiros. A barra non está adaptada para usuarios de cadeiras de rodas.
Terrazas Para acceder en cadeira de rodas, tomar o ascensor do edificio Nouvel ata o 3º andar.
Biblioteca e Centro de Documentación
Para utilizar os ascensores, diríxase ao persoal do Museo. Se algún material non está ao seu alcance, solicite axuda ao persoal encargado. + info
Librería La Central Para utilizar os ascensores, diríxase ao persoal do Museo ou da librería.
Tenda La Central Situada no acceso do Edificio Sabatini, á dereita. Para utilizar o acceso mediante rampla, diríxase ao persoal do Museo.
Caixeiro 4B A altura do caixeiro situado no acceso do Edificio Sabatini é adecuada para persoas con cadeiras de rodas.
|