Espazos singulares, experiencias únicasO Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía abre as súas portas ao mundo institucional e corporativo, ofrecendo os seus diversos espazos como un lugar especial e único para acoller a celebración de múltiples actos e eventos culturais que, á súa vez, poden complementarse cunha visita guiada e exclusiva a unha das maiores e máis modernas pinacotecas do mundo. O Museo pon a disposición de empresas e entidades o seu coñecemento e creatividade co obxectivo de lograr que o acto transcenda e se converta nunha experiencia. Celebrar reunións, presentacións, recepcións, entre outros actos, permite apoiar o proxecto cultural e social do Museo, contribuíndo a impulsar o seu posicionamento como espazo de referencia na escena da arte contemporánea internacional, liderando o novo concepto de museo do século XXI. Contacto: montse.ferreras@mcu.es Teléfono: Espazos do museoO Museo Reina Sofía dispón dun espazo privilexiado ao contar cunha superficie de máis de 80 000 m2, distribuídos en dous edificios:
Edificio Sabatini - declarado Monumento Histórico-Artístico en 1977, antigamente foi o Hospital San Carlos de Madrid, fundado por Felipe II. O edificio actual é obra dos arquitectos José de Hermosilla e Francisco Sabatini.
Edificio Nouvel – inaugurado en setembro de 2005, este edificio foi construído polo recoñecido arquitecto Jean Nouvel coa intención tanto de dar resposta ao continuo desenvolvemento do Museo, como de transformar o contorno urbano. Este marco arquitectónico privilexiado fai que o Museo Reina Sofía se diferencie doutros espazos e destaque pola súa orixinalidade, ao ofrecer ambientes clásicos e vangardistas nun mesmo ámbito. O Museo aluga espazos para eventos, sempre segundo dispoñibilidade, de luns a venres durante todo o día e os sábados pola mañá, a excepción de Claustro, Xardín e Terrazas, que só se poden alugar os martes. As tipoloxías de espazos que se poden alugar son as seguintes:
|