Auditorios
Auditorio SabatiniSituado no Edificio Sabatini, é o exemplo perfecto da convivencia entre o espazo histórico e os novos usos, xa que conserva a estrutura orixinal do edificio como marco incomparable para unha sala moderna, de equipamento audiovisual acabado de renovar, que inclúe cabina para interpretación e asistencia técnica durante o acto. Axeitado para a realización de todo tipo de reunións, cursos, conferencias, proxeccións, presentacións ou rodas de prensa. Conta ademais cunha zona de recepción diáfana. Capacidade: 144 persoas
Auditorio 400Situado na Ampliación do Museo, obra do arquitecto francés Jean Nouvel, este espazo de marcada personalidade ofrece a posibilidade de realizar unha grande variedade de eventos culturais e de empresa como congresos, concertos, entregas de premios, presentacións, conferencias ou pases de películas. De inmellorable acústica, conta con 425 butacas, camerinos, cabinas para interpretación e un completo equipamento audiovisual, incluíndo a asistencia técnica. A nivel de acceso ten dúas entradas: unha a nivel do escenario e outra a partir da metade das butacas, o que facilita o acceso unha vez comezado o acto. Capacidade: 425 persoas
Auditorio 200Dotado cos máis avanzados medios audiovisuais, asistencia técnica, camerinos e cabinas para interpretación, esta sala situada no edificio do arquitecto francés Jean Nouvel é o marco perfecto para conferencias, rodas de prensa, mesas redondas, pases de películas, presentacións, cursos e outros moitos tipos de eventos culturais ou empresariais. Capacidade: 202 persoas |