Buscar

Tipos de visita

Visites guiades per a públic en xeral, sen reserva previa

O Museo Reina Sofía ofrece visitas guiadas gratuítas, en español, abertas a todos os visitantes que visiten o museo de forma individual (non grupos). 


 

Visitas guiadas para grupos, reserva obrigatoria

Os centros educativos (Primaria, ESO e Bacharelato) e grupos da terceira idade teñen a posibilidade de realizar visitas guiadas gratuítas con voluntarios culturais.

 

Dende fai máis de quince anos, os voluntarios culturais realizan visitas guiadas ao museo de xeito desinteresado. A súa dedicación altruísta, a súa experiencia e a formación continua que seguen no Museo permiten un achegamento interxeracional á arte e a cultura contemporáneos. Este programa de voluntariado é unha iniciativa da Confederación de Aulas de la Tercera Edad coa que colabora o Museo desde a súa creación.

Itinerarios pola Colección durante o ano académico 2012/2013:

  • Miradas de vangarda. Recomendado para primer ciclo de educación primaria.
  • Corpos e identidades. Recomendado para segundo e terceiro ciclo de educación primaria, e primeiro ciclo de educación secundaria.
  • Modernidade e vangarda. Recomendado para Secundaria, Bacharelato e grupos de maiores.
  • A guerra arte e conflito. Recomendado para Secundaria, Bacharelato.
  • España, arte e sociedade nos anos 50. Recomendado para Secundaria, Bacharelato.

Visita en grupo


Para visitar o Museo Reina Sofía en grupos de 15 persoas ou máis é necesario efectuar previamente unha reserva con polo menos unha semana de antelación.  A reserva de grupo non inclúe servizo de visita guiada.

 

Para solicitar unha reserva de grupo débense enviar os datos do grupo, xunto co día e a hora da visita a reservagrupos@museoreinasofia.es. O servizo de reservas de grupos confirmará a reserva enviando unha Carta de Reserva que deberá presentarse o día da visita.

Datos a enviar:

  • Nome do centro ou institución
  • Número de integrantes do grupo (indicando cantos maiores de 18)
  • Nome dos responsables do grupo
  • Curso (só para centros educativos)

Visita en grupo

Preparación de la visita

Para visitar o Museo Reina Sofía en grupos de 15 persoas ou máis é necesario efectuar previamente unha reserva con polo menos unha semana de antelación.

Para solicitar unha reserva de grupo débense enviar os datos do grupo, xunto co día e a hora da visita a reservagrupos@museoreinasofia.es.. O servizo de reservas de grupos confirmará a reserva enviando unha Carta de Reserva que deberá presentarse o día da visita.

Datos a enviar:

  • Nome do centro ou institución
  • Número de integrantes do grupo (indicando cantos maiores de 18)
  • Nome dos responsables do grupo
  • Curso (só para centros educativos)

En caso de non poder realizar a visita programada, rógase notificar ao servizo de reservas de grupos coa maior antelación posible a cancelación da mesma.

A entrada en grupo ao Palacio de Cristal e ao Palacio de Velázquez, así como ao Museo nos días e horas de acceso gratuíto non precisa realizar unha reserva.

Nas salas de exposición os grupos numerosos han de dividirse en grupos dun máximo de 25 persoas, acompañados sempre por un responsable.

 

Accesos aO museO

  • Entrada para grupos de Infantil, Primaria e visitas guiadas: Acceso por Edificio Sabatini. R/ Santa Isabel, 52.
  • Entrada para resto de grupos: Acceso por Edificio Nouvel. R/ Ronda de Atocha.

  

Documentación a presentar en despachos de billetes do museo

  • Carta de reserva que o museo facilita por correo electrónico como confirmación da reserva do grupo.
  • Carta acreditativa. A presentar por grupos ou colectivos que deban acreditar unha determinada condición (xubilados, discapacitados, menores de 18 anos, etc.) pola que dispoñan de tarifa gratuita. A carta deberá ir asinada polo responsable do centro e constará nela:
     
    • CIF do centro ou institución
    • Número de integrantes do grupo
    • Nomee dos responsables do grupo
    • Curso (só para centros educativos)

 

Normas para a visita

Permítese realizar explicacións ao grupo durante a visita. Para maior comodidade o museo dispón dun servizo de radioguías e audioguías.

En beneficio dos demais visitantes do museo é importante que os responsables do grupo presten especial atención ao comportamento e ao volume de voz dos integrantes do mesmo, ademais de evitar que se dispersen ao longo do percorrido.

Non está permitido realizar fotografías con flash.

Debe seguirse en todo momento as indicacións do persoal de vixilancia e seguridade. En caso de incumprimento das normas pódese cancelar a visita.


 

Máis información:
reservagrupos@museoreinasofia.es

Tel. (+34) 91 774 1000 ext 2250

Share


O Museo ofrece diversos servizos para a visita individual, tanto nas visitas guiadas por profesionais, como nas visitas libres que poden levarse a cabo en calquera momento de forma autónoma. Os escolares e maiores de 65 anos teñen a opción de asistir ás visitas que ofrecen os voluntarios culturais do Museo. As visitas en grupo teñen que reservarse con antelación, e non inclúen o servizo de guía.

 

Reservas


Reservar visitas para Escolares e maiores de 65

Reservar unha visita en grupo, sen servizo de guía


 

Ver todas as visitas guiadas