Buscar

Mediación cultural

A mediación cultural xorde como resposta á necesidade do Museo de promover novas vías de comunicación co visitante e de poñer ao seu alcance os contidos despregados tanto na Colección coma nas exposicións temporais. Con estes obxectivos, en marzo de 2011 iníciase un servizo gratuíto e continuado, ofrecido por un grupo de mediadores culturais e dirixido ao público xeral que acode ao museo de forma autónoma.

O proxecto de mediación materialízase en diversas iniciativas entre as que se inclúen o asesoramento individualizado ao visitante e a posibilidade de acudir ás áreas de interpretación da Colección, situadas na segunda e a cuarta plantas do Museo. A iso hai que engadir o desenvolvemento dun programa diario de visitas comentadas, xunto á dispoñibilidade de materiais para levar a cabo visitas autónomas. Todos os dispositivos de mediación pretenden que o visitante coñeza os criterios que guiaron a disposición da Colección e que amplíe as posibilidades de lectura desta.                                                                                

Vídeo sobre a mediación cultural do Museo

Share

Los Mediadores Culturales se distinguen por sus camisetas rojas

mediación