Buscar

Antes

  • Antes de realizar a visita, é recomendable consultar a sección de horarios e tarifas, dado que existen diversos tipos de entradas e horarios de apertura, segundo se trate da sede principal (Edificios Sabatini e Nouvel) ou ben das sedes do Parque do Retiro (Palacios de Velázquez e Cristal).
  • As salas de exposición mantéñense a unha temperatura constante de 21 ºC. En días cálidos recoméndase facer a visita cunha peza de abrigo.
  • É importante que os adultos procuren manter aos nenos ao seu lado, evitando así tocar as obras de arte das salas.
  • Non está permitida a entrada con animais a ningunha das sedes do Museo. Só permítese a entrada de cans guía ou cans de asistencia, mostrando previamente a documentación que os identifica como tales.
  • É posible mercar anticipadamente a entrada ao Museo mediante o sistema de compra e reserva de entradas online para unha visita individual, e reservar e comprar para un grupo.
  • A sección cómo chegar é moi útil para ver as diferentes localizacións e accesos, así como os traxectos entre sedes.
  • Na web existe información detallada tanto da Colección como das exposicións actuais, futuras e pasadas. Así mesmo, todos os contidos se encontran relacionados entre si, con completas fichas das exposicións, así como información sobre artistas e relacións bibliográficas destes.
  • A sección Multimedia contén vídeos, audios e cápsulas de radio relacionados coa programación do Museo: a Colección, exposicións temporais e actividades.

Planificar la visita

Share