Buscar

Biblioteca

Share

A Biblioteca e Centro de Documentación do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía ten por obxectivo principal servir de apoio documental tanto ao persoal técnico propio como aos investigadores e estudantes, así como facilitar o acceso libre e gratuíto aos seus fondos especializados en arte contemporánea.

Inaugurada o 28 de novembro de 1990, a Biblioteca alberga unha extensa colección de documentos dende 1900 ata os nosos días, así como obras referidas ao século XIX. Na actualidade, está en proceso de dixitalización de documentos de especial interese.

Horario: de luns a venres de 10:00 a 21:00 h, excepto festivos.