Hans Bellmer
La muñeca. 1934
Jean Tinguely
Meta-Malevitch. 1954
Óscar Domínguez
Retrato de la pianista Roma. 1933
Marcel Duchamp
Hoja de parra hembra. 1950-1961
Dan Flavin
The Nominal Three (to William of Ockham). 1963
Max Ernst
La bella alemana. 1934-1935
Öyvind Fahlström
Curva de la vida nº 1, Ian Fleming. 1967
George Grosz
La boda. 1918
Julio González
Cabeza de Montserrat gritando. 1941
Yves Klein
Antropometría sin título (ANT 56). 1960
Roy Lichtenstein
Pincelada. 1996
Marcel Broodthaers
Panel with Eggs and Stool. 1966
Antoni Muntadas
The Last Ten Minutes II. 1977
Amédée Ozenfant
Reds, Rome. 1920 -1925
Francis Picabia
Brouette.1922
A colección dun museo áchase intrinsecamente ligada á noción de historia e tempo. Pero, que historia ou historias contamos? Somos conscientes de que os museos estiveron tradicionalmente atrapados nunha visión canónica da historia que buscou a concordancia dos tempos, isto é, explicar as obras de arte cos documentos e testemuños da época, pero sen entender que as imaxes e os obxectos superan o contexto que os fixo nacer, e que, deste xeito, o tempo non é o do pasado senón o da memoria, á que o historiador interpela en tanto que receptáculo de tempos heteroxéneos.
O museo optou por distanciarse da narración lineal da modernidade, tal e como se expuxo tradicionalmente, pero tamén do banal esquecemento postmoderno da historia que prolifera nos modelos de exposición máis recentes. Quixemos afastarnos tamén das convencionais distincións entre centro e periferia, atendendo así á complexidade de relacións que se establecen entre o local e o universal.
A historia que propomos materialízase nun armazón de micro-narracións que nos falan dun tempo pasado, pero que son sempre no presente e do presente. O seu fin non é abrir unha vía de escape, senón o enriquecemento reflexivo da experiencia, unha aprendizaxe que non deriva do adoctrinamiento, senón da activación da capacidade de resposta crítica ante o mundo e, por que non, ante o museo mesmo.
Neste percorrido propomos catro grandes seccións a través dunha secuencia histórica, sen querer impor unha estrita orde cronolóxica. Estas agrupacións propoñen itinerarios alternativos e liñas de fuga que invitan ao visitante a crear os seus propios percorridos e a realizar as súas propias interpretacións.